Saturday 18 de May de 2024

CARRAL ABRE O PRAZO PARA ANOTARSE NOS CURSOS DE NATACIÓN DO MES DE AGOSTO


Nas clases do mes de xullo foron máis de 70 os nenos e nenas inscritos.

O Concello de Carral abre o prazo desde o 15 ao 28 de xullo para inscribirse nos cursos de natación que terán lugar durante o mes de agosto nas piscinas municipais.

Ao longo do mes de xullo foron máis de 70 os nenos e nenas inscritos nestes cursos de verán para aprender e/ou mellorar as súas habilidades no medio acuático. Debido a esta alta demanda, o Concello decidiu realizar unha nova convocatoria de cursos para o próximo mes de agosto.

Estas clases están dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. Os alumnos distribuirán en grupos segundo as idades, e dentro de cada grupo estableceranse os niveis de iniciación e de perfeccionamento. As clases impartiranse en horario de mañá, entre as 12.00 e as 14.00 h segundo os grupos, gardando sempre a premisa de que os maiores acudirán nas primeiras horas da mañá e os máis pequeniños ás últimas horas. As clases serán impartidas por monitores especialistas, e terán unha duración de 45 minutos por sesión de luns a venres, sempre coa presenza dun socorrista. O prezo do curso será de 28 €/alumno todo o mes.

Para todos aqueles interesados poderán informarse ou inscribirse no Complexo Deportivo de Carral, ( tlfo. 981.67.25.80), ou en complexo.deportivo@carral.es..